Friday 26 de April de 2024

Bergondo licita unha senda peonil na AC-214 entre a beirarrúa existente en Baldomir e o límite con Cambre


· A actuación conta cun orzamento de 324.513 euros e terá unha lonxitude de 475 metros e de 375 metros por ambas as marxes

· A obra está incluída en el Plan provincial de cooperación a las obras y servicios de competencia municipal POS+2022

· O goberno local continua deste xeito coa súa aposta pola mobilidade sostible segura e por achegar outros servizos básicos para a cidadanía, coma o saneamento.

O Concello de Bergondo licitou hoxe as obras de construción da senda peonil e dotación de servicios na AC-214, en Guísamo, que unirá a beirarrúa existente en Baldomir por ambas marxes co límite co Concello de Cambre, na Mota. O obxectivo da actuación é dotar de maior seguridade viaria á zona, cada vez máis transitada, creando un percorrido seguro que de continuidade ás beirarrúas ou sendas existentes e as conecte coa parada de autobús. Na actualidade a estrada constitúe un nó de confluencia de atracción da poboación local polo que o goberno local proxectou esta obra para velar pola seguridade dos veciños e veciñas que se desprazan a diario pola mesma. Por outra banda, a obra permitirá achegar o saneamento ao núcleo de Pedras Brancas.

O goberno local destaca a importancia de levar a mobilidade sostible a esta parte do concello mediante a construción da beirarrúa, así como o básico que resulta achegar outros servizos fundamentais para a cidadanía, coma o saneamento.

A actuación conta cun orzamento de 324.513 euros e terá unha lonxitude de 475 metros e de 375 metros por ambas as marxes (esquerda; entre o p.k.0+945 e o p.k.1+420, e pola marxe dereita, entre o p.k.1+300 e o p.k.1+645). A obra está incluída en el Plan provincial de cooperación a las obras y servicios de competencia municipal POS+2022

A senda peonil proxectada terá ancho de 1,80 m e contará con novas redes de pluviais, de residuais, de abastecemento e de iluminación.

Este tramo de estrada da AC-214 “Guísamo (N-VI)- Sigrás (N-550), pertence á rede primaria complementaria da rede autonómica, atópase entre dous puntos importantes de confluencia de tráfico; por unha banda une a N-VI, que vertebra a localidade de Sobre Igrexa, na parroquia de Sta Mª de Guísamo, co concello de Cambre, e tamén no enlace entre dous polígonos industriais importantes como son o P.l. de Bergondo co P.I. do Espírito Santo, polo que o nivel de tráfico neste tramo é elevado.
Actualmente a estrada conta con iluminación pública de tipo LED en todo o tramo a reformar, co seu respectivo cadro de mando e manobra, cos postes situados no seu maior parte sobre a zona ocupada pola futura senda, polo que será necesario o seu traslado.

As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 8 de agosto.